Na Coruña Contas

Volver

CREACIÓN DUNHA ÁREA DE ESPAREXEMENTO EN PALAVEA

Manuel_AV_Osnososlares Manuel_AV_Osnososlares  •  20/09/2021  •  Distrito 8  • 

Código proposta de investimento: 2859

Demándase a creación dunha área de esparexemento na contorna dos grupos de vivendas Santa Cristina (Palavea). A proposta é estudar un tipo de intervención branda que poida ser compatible co espazo dispoñible e con diferentes usos, permitindo uns bancos e área de descanso e algún espacio de ocio deportivo complementario (calistenia, deportes urbanos, etc.) como equipamento deportivo exterior. 

 

Proposta en nome de: Asociación veciñal "Os nosos lares" de Palavea-Santa Xema-Ponte da Pasaxe

Informe de custo

Comunicámosche que a túa proposta foi declarada viable segundo o seguinte informe do equipo técnico municipal: Crearase unha zona de esparexemento consistente nun espacio de ocio deportivo formado por estruturas de calistenia e unha superficie destinada ó lecer con tres bancos, con asiento de madeira para ampliar os grupos etarios de uso. Realizarase unha integración ambiental creando unha barreira vexetal de separación co tráfico rodado. Se disporá unha nova rede de pluviais, canalización municipal e alumeado público.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos