Na Coruña Contas

Propostas de investimento con ámbito: Toda a cidade

Piloto de migración a Software Libre

10/06/2016  •  psanxiao  •  Toda a cidade

Era unha das proposta do programa de goberno: "Auditoría do software e implantación progresiva de software libre".

Este proceso e costoso e ambicioso no seu conxunto, máis poden darse pasos. A miña proposta sería facer un piloto collendo como referencia un número limitado de postos de funcionarios públicos e facer unha migración dos seus equipos a software libre de forma progresiva, empezando polas aplicacións máis habituais como pode ser o navegador web, o correo electrónico ou as de ofimática ata chegar á migración completa do escritorio.

Inicitivas como esta están sendo levadas a cabo con éxito noutras cidades. Na Coruña e en Galicia temos un tecido empresarial de software libre moi completo con empresas punteiras neste ámbito a nivel internacional que poden dar soporte, e un tecido asociativo arredor do software libre tamén moi amplo.

12.000 €