Na Coruña Contas

Propostas de investimento con ámbito: Toda a cidade

Mellorar o mobiliario e o pavimento da cúpula de Eirís

23/06/2016  •  carolina_martinezg  •  Toda a cidade

Actualmente a cúpula de Eirís ten un mobiliario que dificulta o encontro das persoas pola escasez e pésima distribución. Ademáis pérdese moito espazo cunha zona de prantas que ao meu gusto non favorece o clima do espazo e normalmente a xente aproveita, cando chove, en deixar que cans fagan as suas necesidades alí. O mesmo pasa co pavimento, que ao ser de gravilla, pois invita aos donos dos cans a que deixen aos animáis a mexar e cagar alí, atopandonos as outas usuarias con situacións desagradables alí. 

Pido que se reestudie a distribución de mobiliario, e se poida cambiar o pavimento para que a conservación sea baixa e non invite a que caguen cans alí. 

 

15.000 €