A Porta Aberta

Propostas de investimento con ámbito: Toda a cidade

Esta partida ten un orzamento de 1.000.000 €

Toda a cidade

CONTROL DE VELOCIDADE EN RONDAS

  Sen comentarios  •  21/05/2019  •  lrf

Implementacións de medidas de control de velocidade nas Rondas de Nelle e Outeiro, especialmente en sentido baixada.

Domus
Toda a cidade

MELLORA MUSEALIZACIÓN DOMUS

  Sen comentarios  •  25/04/2019  •  A. Martínez

Algúns dos módulos deste museo científico da cidade continúan invariables dende a súa inauguración e nun estado de deterioro evidente. Proponse a renovación de parte dos mesmos para a posta en valor do museo, nunha rede de museos municipais que supuxo un referente a nivel estatal.

Toda a cidade

PEGATINAS INDICATIVAS EN CONTEDORES DE PAPEL E VIDRO

  Sen comentarios  •  21/05/2019  •  971_chema

O obxetivo e dobre; Por unha banda numerar cada contedor para poder chamar o teléfono 010 cando o mismo se atope cheo e así evitar días de balde co material fora do mesmo hasta que se produza a recollida (non estaría mal recordar a gratuidade do 010 na pegatina). As veces existen dubidas sobre que rúa é, ou a que altura da rúa se atopa. Deste xeito con so dicir o número do mesmo se evitan erros.

Por outra banda recordar o material que se pode depositar ou non en cada contedor. O contedor de Vidro e exclusivo de Vidro, non podendo depositar nel nin Cristal, Porcelana ou Cerámica. No de Papel non se pode botar papel manchado, pañuelos etc...

Deste xeito entre todos axudariamos a ter unha cidade maís limpa e a reciclar mellor.

Conexión a internet
Toda a cidade

Adquisición de equipamentos para dotar de internet aos locais veciñais

  Sen comentarios  •  16/05/2019  •  jrc

As asociacións veciñais da cidade da Coruña fan unha labor moi importante no que se refire á dinamización dos barrios e á participación veciñal. Neste sentido, a falta de equipamentos e materiais que permitan a conexión a internet obstaculiza a creación de actividades e servizos para o disfrute da veciñanza.

Por isto, proponse que o Concello compre material e equipamentos (módems usb, equipos informativos, wifi, etc.), que serían de propiedade municipal pero de uso veciñal, para que o poidan solicitar entidades e asociacións que o soliciten polo procedemento que estipule o Concello (dando preferencia a aquelas entidades que non dispoñen de acceso a internet).

Screenshot_20190521-135039.png
Toda a cidade

Parque Eiris .Asfaltar o camiño desde Renaut Caeiro ata calle Oleoducto

  Sen comentarios  •  21/05/2019  •  1dilloti

Asfaltado do camiño de terra baixando Parque de Eiris para darlle continuidade á calle Javier Lopez Lopez (calle oleoducto ) ata o concesionario Renault que da á glorieta e poder acceder andando, silla de rodas, en bici,patinete,correndo...tanto ó hospital como á praia de oza e ampliar o percorrido da linea 12 e 12a do urbano en 500 metros para que chegue á parada do 2a hospital de oza 

Ángel_Senra_Calle_Barcelona.jpg
Toda a cidade

Unión das rúas peatonais Ángel Senra e calle Barcelona.

  3 comentarios  •  29/04/2019  •  mugroso

Continuar a dúas rúas peatonais Barcelona e Ángel Senra polas rúas Ramón Cabanillas, Sagrada Familia e Antonio Carballo. As rúas peatonais son fontes importántísimas de vida para os barrios, esta unión acercará os dous barrios e axudará a crear unha ronda peonil paralela á ronda de Outeiro. Que intercomunicará a zona da estación de tren e autobuses con toda a zona da Agra do Orzan e San Pedro de Visma, a través a da rúa Barcelona.

Toda a cidade

Soterrar todos os cables da cidade

  Sen comentarios  •  13/05/2019  •  ritxinho

Gustariame que se soterraran todos os cables que afean moito a cidade.

O Portiño
Toda a cidade

ARRANXO DO PAVIMENTO DO MIRADOIRO DO PORTIÑO

  1 comentario  •  25/04/2019  •  A. Martínez

O actual adoquinado presenta grandes perdas de material, fochancas  e danos propios da falta de mantemento.  Proponse a reposición das zonas danadas.

Exemplo de paso ciclista en Calle Chile (Vitoria-Gasteiz)
Toda a cidade

Mellora da sinalización dos pasos ciclistas

  Sen comentarios  •  21/05/2019  •  monchovazquez

En ocasións, os pasos ciclistas (cruces entre carril-bici e carril xenérico) presentan unha sinalización que non se diferencia suficientemente na calzada, o que provoca que as condutoras doutros tipo de vehículos non respecten a preferencia da bicicleta neste tipo de intersección. Proponse que, onde haxa pasos ciclistas, estes sexan sinalizados mediante cor identificativa ou cuadrícula amarela, para que o resto de usuarias da vía concedan a preferencia á bicicleta. Á parte, algúns pasos ciclistas son adxacentes ao paso de peóns, situación na que ás veces os vehículos motorizados ao conceder preferencia ao peón, quedan invadindo o paso ciclista, impedindo o tránsito das bicicletas.

Algúns exemplos: carril-bici de Pablo Picasso con Xeral Rubín, Avda de Salvador de Madariaga coa rúa Federico García Lorca e similares, Avenida de Linares Rivas con rúa Menéndez y Pelayo.

Toda a cidade

Paneis informativos

  Sen comentarios  •  02/05/2019  •  rfsotelo

Ubicación nos distintos barrios de paneis onde poda aparecer a seguinte información:

Activiades do concello. Programa de festas. Concursos do concello. Avisos dos tempos de participación cidada. Preccicións meteorolóxicas. Etc.