Instalación de puntos de luz no lugar de Cances
16/05/2019 • • Distrito 3
No lugar de Cances existen zonas moi oscuras ou en penumbra que contribúen á inseguridade cidadá pola tendencia a presenza de comportamentos incívicos e delictivos. Para evitar este comportamentos e incrementar a seguridade cidadá pódense instalar puntos de luz con boa intensidade lumínica e empregando luces respetuosas ambientalmente. Concretamente, sería precisa iluminación entre a fonte e o número 45 do lugar de Cances (zona moi cuberta por eucaliptos e moi oscura), colocar un punto de luz pegado ao muro do número 28 e antes do número 11.
Vexetación na Avenida do Ferrocarril
10/05/2019 • • Distrito 7
Incorporar vexetación na Avenida do Ferrocarril a altura de Vallehermoso, onde hai moito espazo na beirarrúa ademáis de en rúas próximas cómo Dr.Joaquín Cotarelo e Avenida de Cadiz (moi duras a pesar de estar no arredor dun parque).
Pérgola / cuberta total ou parcial para patio central de acceso CEIP María Pita
20/05/2019 • • Distrito 7
Proponse realizar unha pérgola/cuberta para protexer da intemperie a zona de patio na que se desenvolven tanto as filas para a entrada de alumnos ao centro como a saída ao recreo.
A altura da pérgola proposta coincidiría coa altura de teito de planta baixa, e non restaría luminosidade nin ventilación de espazos nos que se desenvolve a práctica docente, dado que pola distribución do edificio estes espazos atopanse volcados cara as fachadas máis exteriores.
A pérgola parcial ocupa uns 140 m², e a súa versión completa uns 400m² situados na parte interior da U do edificio.
Na actualidade non existe un espazo cuberto anexo ao centro para que en días de choiva o alumnado poida organizar filas para as entradas e saídas protexidos, ou sair ao recreo con mal tempo.