Na Coruña Contas

Propostas de investimento con ámbito: Distrito 6

Propostas de investimento non viables: Distrito 6

Os investimentos deben cumprir unha serie de criterios (como a legalidade, a concrención, seren competencia do concello, non superaren o máximo do orzamento), para seren declaradas viables e chegaren até a votación final. Todos os investimentos que non cumpriren estes criterios son marcados como inviables e publicadas na seguinte relación, xunto co seu informe de inviabilidade.
fontaíña.jpg

Reforma e humanización da estrada entre a Fonte do Caño e A Fontaíña

20/05/2019  •  Manuel_AV_Osnososlares  •  Distrito 6

Actualmente a estrada que comunica a Fonte do Caño e A Fontaíña non conta con espacio seguro para peóns co perigo que supón para a seguridade das persoas que se desprazan a pé por ela. Proponse a creación dunha beirarrúa ou senda peonil dun dos marxe da estrada para facilitar a mobilidade alternativa ao vehículo privado.

Barbcoa no parque de oza en Monelos

Barbacoa no Parque de Oza en Monelos

21/05/2019  •  1dilloti  •  Distrito 6

Caseta tellada con placa térmica-fotovoltaica para ter luz e auga quente, preparada para cociñar con camping gas, facer barbacoa con carbón,preparar comida picnic e poder aprobeitar as 5 mesas que xa estan innstaladas ó lado dos servicios.Acaban de sacar as subencións europeas para estructuras públicas para construccións con eficiencia enerxética.

Eliminar dobles filas

29/04/2019  •  belensanchez  •  Distrito 6

En las inmediaciones del centro comercial de cuatro caminos, en la calle ríanxo y su travesía se hace un mal uso de la doble fila ya que hay coches aparcados durante horas.

Cámaras de seguridad

14/05/2019  •  jositoxtr  •  Distrito 6

Propuesta para ubicar dos cámaras de seguridad en el parque de Oza, para vigilar e impedir los múltiples actos vandálicos tanto en el entorno de la antígua pajarera como en el centro cívico (los ventanales cercanos a las escaleras de emergencia)

Nueva_entrada-salida_CHUAC.png

Nueva entrada/salida CHUAC

19/05/2019  •  U  •  Distrito 6

Propongo realizar una conexión de la AC-10 con Rúa Julio Montero, para reducir el tráfico de vehículos en la carretera de entrada habitual de autobuses y urgencias (ambulancias) desde Avenida da Pasaxe. La disponibilidad de los terrenos en caso de no ser muncicipales se conseguirán mediante cesión o expropiación.

Desnivel_Eiris.jpg

Acceso ó parque de Eiris.

09/05/2019  •  Anibal_exp  •  Distrito 6

O acceso ó parque de Eiris ó final da rúa Jerónimo Vazquez Franco está impedido polo desnivel que a nova Avenida creou co terreo orixinal.

Debería diluirse ese desnivel, adaptando o terreo, xerando uns bancais e unha escaleira que servise de acceso directo, ambos naturalizados.

Parque.jpg

Mellora do parque infantil da Praza Pablo Iglesias

20/05/2019  •  cocasina  •  Distrito 6

A plaza de Pablo Iglesias do Castrillon é un área importante para os nenos do barrio. Nel situase unha pequena area infantil para nenos de 0-6 anos e otra zona, a pequena distancia, para nenos un pouco máis maiores cuns columpios e un pequeno castelo con tobogan.

Estas instalacions, aparte de presentar un mal estado de conservación están desfasadas tanto polas suas dimensions como pola tipoloxía e calidade dos xogos actualmente instalados.

Propoño modernizar o parque con instalacions actualizadas aos novos tempos e necesidades de movilidade dos rapaces

panel_cristais.jpg

Panéis informativos en Eirís: Facilitar a participación tamén no rural

21/05/2019  •  monicaeiris  •  Distrito 6

Nestes tempos parece moitas veces que internet é a solución a todo. Para acceder a servizos, a información, a participar...

Pero non podemos esquecer que non toda a sociedade ten acceso a internet, nin se manexa nas redes. E menos nun barrio coma o noso, onde en moitas vivendas a conexión a internet é dunha calidade pésima. 

Isto fai que moitas veces haia xente que queda fora dese circuito. 

No caso de Eirís, o Centro Cívico está ubicado na Canteira de Eirís, e tampouco é un sitio de paso para a maior parte do barrio. 

Por isto, e para facilitar o acceso á información do que alí pode acontecer, así como de actividades culturáis, asembleas veciñáis, etc...  para favorecer a participación e a interacción co resto da veciñanza, solicitamos a instalación de 3 panéis informativos nas zonas máis alonxadas do Centro Cívico. 

 

O_deserto_no_Parque_Ofimático.JPG

Facilitar o paseo: Papeleiras e bancos na zona accesible do Parque Ofimático

21/05/2019  •  monicaeiris  •  Distrito 6

Consideramos importante ese espazo sexa humanizado, xa que xa é o acceso para moitas vivendas e un colexio, ademáis de que seguirá sendo zona de paseo.

Dende que se abreu o paso para peóns por parte da zona colindante entre o Parque ofimático e Eirís de Arriba, entre a Estrada de Eirís ata a zona de Montemero, O Foxo e Elviña, é unha zona habitual para moita xente que busca zonas tranquilas para pasear. E recentemente temos xa as novas veciñas e veciños residindo alí. 

Entre toda esa xente, moitas son persoas maiores, que agradecerían ter bancos nos que poder sentarse. Nomeadamente nas máis de 100 escaleiras que comunican Eirís de Abaixo con Eirís de Arriba, onde ata hai pouco estaba o Camiño Real, e o Camiño de Santiago. 

Polo mesmo motivo, nun paseo bastante grande, non hai ningún sitio no que tirar o lixo, e tanto a xente que ven pasear como a veciñanza quixeramos que estivese limpo.

Ximnasio ao aire libre no Parque de Oza

20/05/2019  •  antoniolema  •  Distrito 6

Zona poboada e con necesidades de espazos de lecer ao aire libre.