Na Coruña Contas

Propostas de investimento con ámbito: Toda a cidade

Propostas de investimento non viables: Toda a cidade

Os investimentos deben cumprir unha serie de criterios (como a legalidade, a concrención, seren competencia do concello, non superaren o máximo do orzamento), para seren declaradas viables e chegaren até a votación final. Todos os investimentos que non cumpriren estes criterios son marcados como inviables e publicadas na seguinte relación, xunto co seu informe de inviabilidade.
Emilia Pardo Bazán

SALA MUSEO EMILIA PARDO BAZAN NA FABRICA DE TABACOS

25/04/2019  •  A. Martínez  •  Toda a cidade

Creación dunha pequena zona expositiva no espazo municipal do edificio que reflicte a relación desta escritora coas cigarreiras e o inicio do movemento obreiro do país. Proponse a ubicación da estatua de bronce da escritora actualmente nos almacéns municipais

Crear aparcadoiro disuasorio na beira da cidade

21/05/2019  •  aroa  •  Toda a cidade

Hai xente que ven á Coruña dende fóra da cidade e a ubicación da súa casa, mercancía ou xente a transportar, horario ou dolencia non lle permite chegar ata a cidade noutro medio que non sexa o coche persoal. Por iso propoño habilitar algún espazo adicional como aparcadoiro, nalgunha zona no límite da cidade onde non haxa outro (p.e. acceso dende as Xubias-Os Castros), que teña boa comunicación cara o resto das áreas urbanas. Habilitar algún terreo se o hai e quizais cobrar un prezo "simbólico", lonxe dos subterráneos actuais. Ou crear/reformar algún edificio para facer un aparcadoiro vertical. Existen os verticais automatizados, que aforran moito espazo no edificio e tempo para aparcar, xa que é un sistema robotizado o que distribúe o coche polo edificio. Tamén se podería cobrar un prezo "simbólico" por utilizalos. Descoñezo o custo.

Contenedores actuales

Renovación de los contenedores de la ciudad

21/05/2019  •  brunorcd  •  Toda a cidade

El estado de los contenedores de la ciudad es pésimo. Es necesaria la renovación de todos ellos por unos más modernos y con una mejor distribución.

Novas fontes ornamentais

21/05/2019  •  pelines  •  Toda a cidade

Faltan fontes ornamentais nesta cidade e por eso propoño crear máis fontes.

Fundación Luis Seoane

REHABILITACIÓN DA FACHADA DA FUNDACIÓN LUIS SEOANE

25/04/2019  •  A. Martínez  •  Toda a cidade

Actualmente a fachada da Fundación Luis Seoane mostra un aspecto lamentable, ennegrecida polo tempo e chea de pintadas. Proponse a rehabilitación da mesma mediante o pintado das suas superficies e a limpeza das partes de pedra do seu zócolo.

 

Ademais, pódese colocar un gran soporte con mostras das obras de Luis Seoane para que o museo gañe visibilidade. 

 

 

Mais escolas de educación infantil

29/04/2019  •  belensanchez  •  Toda a cidade

Aumentar o orzamento destinado a ampliar as unidades das escolas infantis de 0 a 3 anos dependentes do concello ou engadir máis concertos con EEI privadas.

CIRCUITO PERMANENTE DE ORIENTACIÓN

21/05/2019  •  Gallaecia Raid  •  Toda a cidade

En lugares urbanos y parques (Parque de la Torre, Ciudad Vieja, Bens, Santa Margarita, Zona Universitaria…) Colgando los mapas en la web del concello y permitiendo al mismo tiempo a los turistas conocer la ciudad. El coste es mínimo y facilita la práctica deportiva.

AMPLIACIÓN FONDOS "CENTRO DE INTERESE DE XÉNERO E FEMINISMOS"

21/05/2019  •  lrf  •  Toda a cidade

Ampliación dos fondos deste importante centro creado na rede de Bibliotecas Municipais.

Visitas a Nostián.

19/05/2019  •  rfsotelo  •  Toda a cidade

O nivel de clasificación de lixo nos contenedores da cidade é lamentable. De xeito que na pranta de  Nostián a penas poden facer unha compostaxe de calidade. Un camiña cara a millor clasifiación e crear unha activiade de visitas guiadas a pranta de Nostián. Para isto estaría ven traballar coas asociacións veciñais más centros educativos coa idea de fletar autobuses que leven a xente a estas visitas. Facer unha campaña publicitaria centrada en amosar o cambio de opinión entre non coñecer Nostián e ver como se traballa.

Liñas de autobús circulares, máis frecuencias con traxectos máis curtos.

14/05/2019  •  interest7512  •  Toda a cidade

Non funcionan na nosa cidade. Existen moi poucas frecuencias que conecten diferentes puntos da cidade coa Estación de Ferrocarril, ida e volta. Non é normal o longo traxecto que ten a liña que comunica coa Estación de San Cristobo. Deberían existir circulares case directos ata a Estación de Tren, mesmo a Marineda (non ten sentido que a liña perda tempo entrando na Grela), aos hospitais, á zona da praia de Riazor (Esclavas) cara onde non hai autobús desde o centro Praza de Vigo ou Cuatro Caminos.