A Porta Aberta

Volver
Orzamentos participativos 2019

Que non chova dentro da escola (Arela) e que os bebés poidan saír ao patio

descentros descentros  •  16/05/2019  •  Distrito 7  •    Sen comentarios

Bebé chorando / Auga
Bebé chorando / Auga

Código proposta de gasto: 2091

No interior da Escola Infantil Municipal Arela chove cada vez que chove na rúa (problema que se remonta a 2008). As claraboias están vellas e prodúcense filtracións cada vez mais frecuentes e abondosas nun espazo destinado acoller aos nosos nenos. 

Por outra banda, a escola conta cun patio exterior para os mais pequenos, ao que non poden saír en todo o ano porque non está acondicionado con caucho segundo a normativa. 

Tendo en conta este aspectos sería precisa una mellora integral das instalacións dunha escola senlleira que a pesar destas importantes carestías funciona de xeito excelente. 


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.