Na Coruña Contas

Volver

Eliminar as faloras vermellas na contorna da Torre de Hércules

Eloy Vázquez Eloy Vázquez  •  30/04/2018  •  Distrito 10  • 

torreherculesfarolas.jpg
torreherculesfarolas.jpg

Código proposta de investimento: 985

A contorna da Torre de Hércules ten mellorado moitísimo nos últimos anos con respecto a como estivo no final do século XX, cando a zona era o patio traseiro da cidade e servía de estercoleiro, zona de talleres de almacéns mixturado coas poucas leiras que ficaban alí.

Mais un dos grandes fallos, baixo o meu punto de vista, é a horrible maraña de farolas "modernistas" vermellas que tapan a visión do monumento e que afean un entorno natural polo demais moi ben recuperado. 

Creo que o respecto ao faro Patrimonio da Humanidade, e a propia consideración da súa contorna como Espazo  Natural de Interese Local exixen a desaparición destas luminarias do mal gusto e o feísmo. 

 

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as 15 máis apoiadas do distrito na fase de apoios, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase do 30 de agosto ao 17 de setembro, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a participar de novo na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos