Na Coruña Contas

Volver

Senda peonil

anxo_gz anxo_gz  •  24/04/2018  •  Distrito 3  • 

Código proposta de investimento: 909

Adecentar a senda peonil existente dende Someso (Estrada DP-3004) e cruce con Lg. da Ramallosa, que vai por debaixo da ponte do ferrocarril e por debaixo da estrada de Pocomaco (Av. García Sabell), e por debaixo das pontes da AC-14 e V-14 xa en Mesoiro, e unha senda peonil que une os barrios de Someso e Mesoiro Vello, que debería porse en valor adecentandoa e incluso facendo un carril bici que podería enlazar o actual da Av. Glasgow con Mesoiro Vello e o Polg. de Pocomaco.

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as 15 máis apoiadas do distrito na fase de apoios, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase do 30 de agosto ao 17 de setembro, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a participar de novo na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos