Na Coruña Contas

Volver

Escola Municipal de Teatro

oskar oskar  •  24/04/2018  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 897

Construcción dunha Escola Municipal de Tetaro para adultos, nenos e adolescentes.

Sería unha opción alternativa ás escolas de teatro privadas que hai na cidade e sobre todo, ás escolas municipais que hai nos Concellos limitrofes, sendo así máis accesible a todos os coruñeses e coruñesas.

Ademáis, sería beneficioso para ás asociacións de teatro da cidade porque terían un espazo onde formarse, ensaiar e compartir experiencias e equipos docentes e incluso preparar proxectos en común.

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por acadar menos de 80 apoios da cidadanía na fase de priorización, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase do 30 de agosto ao 17 de setembro, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a participar de novo na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos