Na Coruña Contas

Volver

Implemantación dunha zona 20 nas inmediacións da Praza da Mariña Mercante

cives cives  •  23/04/2018  •  Distrito 9  • 

Código proposta de investimento: 889

Na zona de Cidade Escolar prodúcense moitos conatos de accidente implicando a peóns, sobre todo na entrada e saída dos colexios e institutos cercanos. Por iso, propoñemos a creación dunha zona de velocidade reducida, zona 20, que incluiría:

-Rúa Almirante Lángara. Completa.

-Paseo de Ronda. Dende Manuel Murguía a Marqués de Cavalcanti.

-Avenida Gran Canaria. Dende Praza do Conservatorio ata Praza da Mariña Mercante.

-Rúa Educación. Completa.

Ademáis, complementaríase a actuación coa elevación dos pasos de peóns máis utilizados, os que rodean a mesma praza da Mariña Mercante.

Sería conveniente incluir, con ánimo máis disuasorio que recaudatorio, cámaras nos semáforos implicados, e sinalización abundante, visible e clara.

 

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as 15 máis apoiadas do distrito na fase de apoios, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase do 30 de agosto ao 17 de setembro, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a participar de novo na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos