Na Coruña Contas

Volver

Residencia Universitaria

U U  •  23/04/2018  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 875

Propoño a construcción dunha residencia universitaria nunha localización próxima ó Campus de Elviña (para acudir camiñando ás facultades), nalgún terreo municipal ou realizando compra de terreos, conseguese o seguinte:

Eficiencia ó eliminar os desprazamentos dos alumnos a través da cidade. Aforro económico para o concello ó descender os viaxes subvencionados no bus. Ademais se se amplía a concesión no edificio do Hotel Atlántico (aproveitando para reformar a actual fachada ou volvendo a construir unha réplica do antiguo Atlantic), obteríase diñeiro para construir e manter a residencia universitaria. Se a residencia universitaria contara con enerxías renovables, aumentaría o aforro a longo prazo. (A residencia no Calvo Sotelo, quedaría destinada ó Campus de Riazor).

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por acadar menos de 80 apoios da cidadanía na fase de priorización, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase do 30 de agosto ao 17 de setembro, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a participar de novo na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos