Na Coruña Contas

Volver

Mellora do acceso peonil ó hospital:

U U  •  22/04/2018  •  Distrito 6  • 

Melloras_no_acceso_peonil_ó_hospital_(marcas_en_vermello).jpg
Melloras_no_acceso_peonil_ó_hospital_(marcas_en_vermello).jpg

Código proposta de investimento: 856

  1. Unha parte da "Avenida de Lamadosa" pasaría a ser de sentido único en dirección ó hospital (reorganizar prazas de aparcamento, aumentando a cantidade).
  2. Aumentar o espacio das beirarrúas no tramo de "Avenida de Lamadosa" situado entre o aparcamento do HUAC e o San Rafael.
  3. Colocación dun novo paso de peóns accesible no final de "Avenida de Lamadosa" dende a beirarrúa dereita dirección HUAC, ata a zona peonil entre os dous bloques hospitalarios (antigo e novo do Hospital Universitario da Coruña).

PD: se algún dos apartados non é de responsabilidade/titularidade municipal obvialo, e facer o que se poida.

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as 15 máis apoiadas do distrito na fase de apoios, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase do 30 de agosto ao 17 de setembro, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a participar de novo na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos