Na Coruña Contas

Volver

CREACIÓN DUNHA SENDA CICLISTA SEGURA NO BARRIO

a.vv.pedralonga a.vv.pedralonga  •  22/04/2018  •  Distrito 6  • 

Código proposta de investimento: 840

Creación de sendas para o uso da bicicleta no barrio, que o comuniquen coas zonas colidantes, entendento como sendas ciclistas seguras non necesariamente carrís bici, senón rutas funcionais (non lúdicas) para mellorar a seguridade dos ciclistas.

Proposta en nome de: a.vv.pedralonga

Informe de custo

A túa proposta foi declarada viable segundo o seguinte informe técnico: "Proponse a creación dun carril bici exento dos carrís vehiculares tradicionais e anexo pero separado das sendas peonís existentes. A finalidade desta nova infraestrutura é a creación dunhas sendas ou itinerarios seguros para os ciclistas entre zonas residenciais ou núcleos dormitorios da cidade con núcleos de servizos (hospitais. colexios…) ou centros industriais ou loxísticos con grandes desprazamentos de persoal en horario laboral e precariedade de estacionamento de vehículos. A sección de firme proposto para o carril bici estará composta por unha vía de 3 metros de ancho e delimitada por bolardos e separadores de carril en toda a súa lonxitude. O devandito carril bici será unha vía de dobre sentido. Crearase unha nova rede de pluviais mediante sumidoiros en todo o carril bici. Nas zonas xa urbanizadas realizarase unha reparación e/ou reposición do firme existente, priorizando o uso do firme existente sen crear novas áreas de pavimentación. Nas zonas que requiran unha adecuación maior pola interferencia con zonas peonís de beirarrúa, realizarase unha demolición da zona afectada, reposición de bordos en beirarrúas e execución dun novo firme de iguais características que a área precedente. Realizarase un novo trazado en cruces e glorietas exentas á circulación de vehículos a motor. Realizarase unha nova sinalización horizontal e balizamento mediante bolardos reflectores flexibles que diferencien a vía da calzada vehicular. Así mesmo instalarase nova sinalización vertical para pasos peonís e carril bici, incluíndo un reforzo e nova dotación para a actualización de instalacións semafóricas segundo a nova implantación. A realización do carril bici de dobre sentido supoñerá unha redución e/ou desprazamento das prazas de aparcadoiro existentes ou redución do ancho do carril nalgunhas vías nunha das marxes das rúas. A valoración para a creación de 200 ml de carril bici desde a rotonda dos Castros ata a rotonda da rúa Posse onde se conectará co CB Metropolitano, incluíndo nova rede de pluviais e iluminación nas zonas non urbanizadas é de 50.000,00€ IVE incluído." Agradecemos a túa participación neste programa e agardamos que volvas participar de novo na vindeira edición dos Orzamentos Participativos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos