Na Coruña Contas

Volver

Espazo escénico multidisciplinar no Parque de Eirís (Ruiñas Valparaíso)

Asociación Cultural Tres por Cuatro Asociación Cultural Tres por Cuatro  •  22/04/2018  •  Distrito 6  • 

Código proposta de investimento: 835

Creazión dun espazo escénico multidisciplinar nas ruiñas do Forte de Valparaíso, no Parque de Eirís.

Cun sinxelo investimento en material de audio, son, e iluminación, e un espazo adecuado para o seu almacenamento (caseta de obra, container ou similar, poñemos a disposición de toda a cidadanía, artistas, músicos, asociacións, etc, un fantástico espazo escénico, nun espazo natural, con vistas a ría para presentación de propostas socioculturais, o aire libre, acondicionando técnicamente as Ruiñas de Valparaíso no Parque de Eirís.

Realización de obradoiros, concertos, teatro, cine, maxia, audiovisuais e todo tipo de presentacións artísticas, culturais e sociais.

Aberto a todas as idades e tódolos públicos, para un mellor coñecemento da cidadanía da entorna do parque  do Barrio de Eirís, con actividades culturais e formativas, lúdicas e medioambientais.

Localización: Castelo de Eirís (Parque de Eirís)

Proposta en nome de: Asociación Cultural Tres por Cuatro

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as 15 máis apoiadas do distrito na fase de apoios, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase do 30 de agosto ao 17 de setembro, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a participar de novo na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos