Na Coruña Contas

Volver

Humanización rúa Río Deza

Viciño Viciño  •  20/04/2018  •  Distrito 9  • 

Código proposta de investimento: 815

A rúa Río Deza, que dá acceso ao Parque de Sta Margarida dende a Rda de Nelle, só serve como aparcadoiro privado para certos automóbiles, pois as dúas casas con portal nin tan só teñen licencia municipal de vado. 

Propoño a súa humanización reemplazando o asfalto por beirarrúa e igualando o nivel entre estrada e beirarrúa, instalando bancos onde sentar e mesmo prantando árbores, o que melloraría o acceso ao parque. Se os propietarios das casas obteñen as súas licencias de vado, poden ter unha autorización de acceso aos mesmos con rampla á Rda de Nelle.  

Localización: Ronda de Nelle - Parque de Santa Margarida

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as 15 máis apoiadas do distrito na fase de apoios, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase do 30 de agosto ao 17 de setembro, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a participar de novo na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos