Código proposta de investimento: 808
Ampliación das beirarrúas da rúa, neste momento é case imposible circular cunha cadeira de bebe e se te cruzas con alguén un deles ten que baixar á calzada co perigo que leva, igual pasa cos carriños da compra.
Localización: concretamente o tramo entre a Rúa Vila de Negreira e Agra do Orzán.
A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as 15 máis apoiadas do distrito na fase de apoios, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase do 30 de agosto ao 17 de setembro, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a participar de novo na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.
Ola, creo que xa está prevista esta actuación, se mirar na paxina doIDE Coruña, mapas, proxectos e obras, verás que hai en estudo un proxecto de mellora da accesibilidade na rúa Pascual Veiga.