Na Coruña Contas

Volver

SEÑALIZACIÓN VERTICAL DAS RÚAS, OUTRA FORMA DE ACCESIBILIDADE.

lrg lrg  •  20/04/2018  •  Toda a cidade  • 

SEÑAL VERTICAL
SEÑAL VERTICAL

Código proposta de investimento: 805

  • Para os conductores en xeral, con diversidade funcional ou non, é moi difícil ver o nome das rúas (situadas nunha praca)  porque están colocadas  na esquina dun edificio a unha altura bastante elevada e a maioría das veces tapadas por unha árbore. Cando buscamos o nome dunha rúa,  a altura da praca obriganos a sacar a cabeza  fora da ventanilla para poder vela. Esta situación  é perigosa porque deixamos de atender durante uns segundos o que temos diante ou detrás do coche. Poderíamos estudar cómo implantar esta nova señalización, pouco a pouco, por distritos por exemplo. Ademáis poderíamos sacar a concurso público o seu deseño. 

Proposta en nome de: LIGA REUMATOLÓXICA GALEGA

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por acadar menos de 80 apoios da cidadanía na fase de priorización, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase do 30 de agosto ao 17 de setembro, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a participar de novo na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos