Na Coruña Contas

Volver

RESUCITAR E DAR USO ÚTIL O TRANVÍA

dcalvobarca dcalvobarca  •  19/04/2018  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 775

Sería a primeira partida para crear un tranvía últil para a ciudade e para o turismo. Reparar a infraestructura existente e ampliala para chegar a futura intermodal ¿Cómo? Enlazando o treito existente ata formar un ovalo de sentido único: enlazando o existente partindo do playa club - plz portugal - rua palomar - rua uruguay - estrada baños arteixo - ronda outeiro - na intermodal unha gran parada - av perez ardá - rua fernandez latarre - catro camiños - palloza e aqui 2 opcions:

opcion1 : usar as vias do porto se e posible (ahora que se van mudar) - marina - parrote e enlazar ca existente no castelo de san antón

opcion 2: seguir por plz orense, mendez nuñez, marina y parrote e enlazar no castelo de san anton ca existente.

Asi teriamos unha infraestructura útil para a ciudade e para o visitante.

Informe de inviabilidade

A túa proposta foi declarada inviable segundo o seguinte informe técnico: "A actualización, renovación e creación de novas trazas ou itinerarios para a posta en servizo do Tranvía é inviable, dado que a infraestrutura atópase nun estado técnico non viable para a súa reparación e a nova posta en servizo requiriría unha renovación dos tramos deteriorados. O custo da nova posta en servizo do tranvía da Coruña superaría o investimento de 1.000.000 €, polo que a proposta debe ser declarada Non Viable. Así mesmo a coordinación ou implantación e uso doutras instalacións ferroviarias que non son propiedade do Concello da Coruña ( vias portuarias) non é posible dado que os sistemas de anchos son diferentes ao usado polo sistema do tranvía actual, sendo completamente incompatibles. Por iso, e dado que o investimento superaría os custos máximos dos orzamentos participativos e habería que utilizar zonas que non son propiedade municipal, é necesario declarar esta proposta como Non Viable." Agradecemos a túa participación neste programa e agardamos que volvas participar de novo na vindeira edición dos Orzamentos Participativos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos