Na Coruña Contas

Volver

Cobertura Cancha de Las Pistas de LaBañou

jonatan jonatan  •  19/04/2018  •  Distrito 9  • 

Código proposta de investimento: 763

Propoñemos que as pistas de baloncesto de LaBañou, situadas enfronte ao Centro Cívico sexan cubertas e dispoñan dun teito que permita practicar o deporte do baloncesto nelas os días de choiva e que asimesmo dispoñan de unha iluminación suficiente para poder xogar tamén nas tardes de inverno.

Actualmente non existen na cidade canchas de baloncesto cubertas e de acceso libre, nas que se poida practicar este deporte en calquera momento do ano, sen pagar, polo que para poder xogar ao baloncesto nos numerosos días de choiva, os afeizoados de todas as idades, vense obrigados a desplazarse a concellos límitrofes que sí teñen canchas cubertas de acceso libre ou organizarse en grupos e recorrer o alquiler das pistas nos polideportivos municipais, co límite que esto supón, especialmente para os máis pequenos.

 

 

Informe de custo

A túa proposta foi declarada viable segundo o seguinte informe técnico: "Valórase a subministración, montaxe de cimentación, estrutura metálica e cuberta para cubrición de pista con cuberta de chapa prelacada e traslúcidos de policarbonato celular, dotada de canlón, remate de coroación e cumbrera, sobre catorce unidades de alicerces en perfil IPE." Agradecemos a túa participación neste programa e agardamos que volvas participar de novo na vindeira edición dos Orzamentos Participativos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos