Na Coruña Contas

Volver

Horario amplo en biblioteca toda a semana

m.calvod m.calvod  •  18/04/2018  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 745

A cidade necesita unha biblioteca que teña apertura todos os días e cun horario amplo, durante todo o ano.

Somos moitos os estudantes que nos examinamos en setembro (eso, UNED, idiomas, selectividade, opositores...) e necesitamos acudir a unha delas a estudar e atopamonos con que a maioría pechan no verán pola tarde, ou non abren o fin de semana.

A maior parte do ano empregamos as bibliotecas da universidade, pero en moitos periodos ou están cheas ou no verán só abren pola mañá ou pechan cedo.

Debería estudarse a posibilidade dunha biblioteca con horario continuo que abra todos os días da semana, que beneficiaría a moitos estudiantes e opositores.

 

 

Localización: A Coruña

Informe de inviabilidade

Lamentamos comunicarte que a túa proposta é inviable porque a determinación dos horarios nos diferentes equipamentos municipais non é un investimento. Animámoste a seguir participando.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos