Código proposta de investimento: 733
Ampliar as beiraruas da Avenida das Conchiñas no tramo comprendido entre a Rúa do comercio e Avenida da Gramela. Deste xeito rematar a ampliación que se realizou Dende a Rolda de Outeiro ata a Rúa Barcelona, o entorno da Praza das Conchiñas a Rúa do Comercio e maila Rúa Aaiún.
A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as 15 máis apoiadas do distrito na fase de apoios, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase do 30 de agosto ao 17 de setembro, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a participar de novo na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.
Ola, eu propúxena o ano pasado, e sorprendentemente quedouse as portas de ser aprobada. A ver se este ano conseguimos máis apoios.
Non ten sentido ningún facer todo ao redor é deixar ese tramiño sen facer absolutamente nada.
Ampliación indispensable para a mellor accesibilidade e tránsito de persoas con movilidade reducida e cadeiras de rodas.
Otro año más. ¡Esta vez la sacamos adelante!