Na Coruña Contas

Volver

Renovación rúa Eduardo Dato

sofia_dx sofia_dx  •  18/04/2018  •  Distrito 9  • 

rua_orzamentos_coruña.jpg
rua_orzamentos_coruña.jpg

Código proposta de investimento: 712

A rúa Eduardo Dato, situada na zona de Cidade Xardín, concretamente no hospital Modelo, conta en diferentes puntos da mesma con partes de herba, tanto ó lado da estrada como do lado das propiedades anexas. Ditas zonas de herba presentan un aspecto descoidado e mesmo abandonado que, lonxe de embelecer a rúa, supoñen un foco de feismo e acumulación de lixo.

Ademáis, por mor disto, o espazo dispoñible para a circulación dos e das cidadás queda moi reducido. Sendo esto especialmente notable nos días nos que hai partidos en Riazor. Dado que a afluencia nesta rúa é moi alta, é habitual ver como os peatóns se ven obrigados a facer uso da estrada para a circulación, cos inconvintes e perigos que esto supón.

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as 15 máis apoiadas do distrito na fase de apoios, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase do 30 de agosto ao 17 de setembro, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a participar de novo na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos