Na Coruña Contas

Volver

Bici Coruña en el Barrio de las Flores

troity troity  •  14/05/2018  •  Distrito 7  • 

Código proposta de investimento: 1640

Se solicita la instalación de puntos de Bici Coruña en el Barrio de las Flores, que carece de los mismos. Se considera que lo óptimo serían 2 puntos, uno en Av Monelos a la altura del Oleoducto en el entorno de la torre 14, y otro en Camilo José Cela, cercano al Club Financiero, zonas bloque 42. 2 puntos distantes que cubren las necesidades enlazando con otros barrios, actuando como equipamiento de borde, visibles y funcionales. Una necesidad que ya tienen cubierta otros barrios y que en el nuestro sigue siendo una carencia. Potenciaría la conexión diaria del barrio con la zona centro de la ciudad, la universidad, y otros equipamientos.

Localización: Se propone además de la señalada otra en la av Monelos, altura cruce con Oleoducto.

Proposta en nome de: Plataforma Vecinal Barrio de las Flores

Informe de inviabilidade

Comunicámosche que a túa proposta foi declarada INVIABLE segundo o seguinte informe do equipo técnico municipal: A Concellaría de Rexeneración Urbana, Dereito á Vivenda e Mobilidade Sostible, na súa preocupación pola recuperación e modernización do Barrio das Flores, considera que as diferentes propostas que naceron ao abeiro deste programa deben abordarse de xeito conxunto, tanto as formuladas xa no ano 2017 como as presentadas agora no ano 2018. Por este motivo, e coa finalidade de preservar o patrimonio arquitectónico e urbanístico do barrio, e tentar dar unha solución sostible a todos os problemas que amosa, esta concellaría está a piques de rematar a elaboración dun prego de prescricións técnicas para a contratación da redacción dun Plan Director do Barrio das Flores, definido como un documento orientativo que establecerá as directrices xerais que guiarán a intervención pública do Concello da Coruña no ámbito do Barrio das Flores, respecto das diferentes cuestións e problemáticas urbanas, establecendo unha estratexia de actuación e transformación que pode ser executada por partes, segundo unha secuencia temporal ben definida, coherente e coordinada. O Barrio das Flores trátase dunha das pezas urbanísticas máis interesantes da cidade da Coruña, caracterizada pola súa ben definida unidade espacial e funcional, que o dota dunha imaxe moi recoñecible dentro dos diferentes tecidos urbanos da cidade. Esta configuración urbana dotou ao Barrio das Flores dun claro e recoñecible perfil urbano, que xerou unha notable identidade nos seus residentes. Non obstante, a súa configuración urbanística e a topografía existente, á propia evolución da poboación e a transformación das infraestruturas viarias do seu redor supuxo a aparición de significativas problemáticas, que deben ser abordadas dun xeito integral para recuperar a súa vitalidade e habitabilidade. Na súa dimensión física e construída, o Barrio das Flores presenta significativas eivas, en particular respecto dos campos da accesibilidade e da habitabilidade das vivendas. Así, se ben a propia configuración urbanística do Barrio das Flores permite evitar a circulación do tráfico polo interior e unha elevada porcentaxe de espazo peonil, a topografía, cunha forte pendente este - oeste que foi resolta mediante escaleiras, supón a existencia dunha gran parte de itinerarios peonís, e incluso accesos a vivendas, non accesibles. Respecto das vivendas, a edificación presenta notables eivas que precisan dunha importante labor de rehabilitación, en particular da súa envolvente e da súa eficiencia enerxética. Así, a pesar de que nos últimos anos algunhas edificacións foron obxecto de mellora, principalmente nas súas fachadas e cubertas, continúan a existir graves problemas en canto as instalacións. Ademais, moitas edificacións residenciais presentan problemas de accesibilidade, tanto desde o exterior como no interior, con ausencia de ascensores. Por outra banda, existen importantes equipamentos de carácter asistencial no Barrio das Flores, pero cunha escala fundamentalmente de cidade. Sen embargo, amosase unha carencia importante de equipamentos cívicos, sociais e educativos, que se atopan xeralmente nos barrios lindeiros. Como conclusión, o Plan tentará dar solucións conxuntas as problemáticas que se detecten, moitas delas xa coñecidas, terá en conta tamén todas as propostas derivadas deste programa de Orzamentos Participativos, para o seu análise e estudo. Considérase por tanto que non se debe orzamentar a actuación por separado para o Orzamento Municipal do 2019 ata non conte esta concellaría co Plan Director redactado, a partir de cuxo momento planificaranse e desenvolveranse as actuacións consonte co indicado no mesmo. O resultado da proposta é INVIABLE para o orzamento do 2019 e aprazable para o do 2020. Agradecémosche a túa participación nos Orzamentos Participativos e esperamos volver contar coas túas propostas na seguinte edición do programa o ano que vén.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos