Na Coruña Contas

Volver

MAGNOLIOS CANTÓN PEQUENO

luis2castros luis2castros  •  14/05/2018  •  Distrito 10  • 

cantones_con_carril_bici_metropolitano.jpg
cantones_con_carril_bici_metropolitano.jpg

Código proposta de investimento: 1614

A proposta consiste en duplicar a ringleira de Magnolios existente no linde do Cantón Pequeno cos Xardíns de Méndez Núñez na beirarrúa do sentido contrario.

Coa importante reducción do tráfico na zona ampliouse o espazo dispoñible, con esta nova ringleira de árbores conseguiríase ampliar e fortalecer este lugar de paseo.

Na imaxe adxunta pode verse a súa intefgración co carril bici metropolitano (en execución), en caso de afección ao aparcamento subterráneo, proponse a súa instalación na beirarrúa actual, ampliando o espazo peonil sobre o aparcamento.

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as 15 máis apoiadas do distrito na fase de apoios, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase do 30 de agosto ao 17 de setembro, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a participar de novo na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos