Na Coruña Contas

Volver

NOVA ORDENANZA PARA A PROTECCION E TENZA DE ANIMAIS

patricia.s.c. patricia.s.c.  •  14/05/2018  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 1612

Debería de VIXIARSE de maneira real e efectiva o cumprimento da ordenanza municipal para a protección e tenencia de animais e IMPOÑERSE dunha vez por todas SANCIÓNS aos donos dos cans que incumplen tal ordenanza. Fai falla só darse un paseo por moitas das rúas da cidade (e incluso por algunhas zonas verdes) para ver excrementos de animais non recollidos, ouriños nos portais dos edificios e nas entradas dos comercios, cans soltos que ouriñan nos xogos de nenos nos parques infantís, cans bebendo en fontes públicas (que son izados polos propios donos), cans soltos onde está prohibido, etc.

Observacións : Noutras cidades usan análisis de ADN dos excrementos para sancionar aos donos (a pagar polo dono infractor).

Razóns para establecer unha solución urxente : É un tema de saúde pública, civismo, convivencia e respeto dos veciños e as normas establecidas.

Localización: Afecta a diversas zonas da cidade (Ex.: Barrios, Parques Sta Margarita, xogos infantís do espacio sobre o tunel da 3ª Ronda frente a rotonda do Pavo Real,...),...)

Informe de inviabilidade

Lamentamos comunicarlle que esta proposta é inviable posto que a redacción dunha nova ordenanza municipal non ten a categoría de investimento. De todos os xeitos, o Concello terá en conta e valorará a súa demanda.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos