Na Coruña Contas

Volver

REXENERACIÓN PRAIA DE BENS 3: INSTALACIÓNS SANITARIAS

luis2castros luis2castros  •  14/05/2018  •  Distrito 1  • 

tg_carrusel_cabecera_grande.jpg
tg_carrusel_cabecera_grande.jpg

Código proposta de investimento: 1594

Preparación dunha zona para colocación da caseta de socorrismo durante a temporada de praia e instalación de papeleiras para separación de residuos, acometida de auga, ducha e lava pés.

Informe de inviabilidade

Comunicámosche que a túa proposta foi declarada inviable segundo o seguinte informe do equipo técnico municipal: "A proposta presentada é inviable porque xa está prevista nun proxecto en marcha que se atopa nunha fase incipiente, cun borrador inicial de prego técnico no que se pretende afrontar a restauración ambiental da praia de Bens. A medida que se vaia concretando o prego iranse definindo as diferentes actuacións: saneamento e reconfiguración do areal, estudio de impactos próximos e alternativas para a súa modificación ou corrección, así como os servizos que se determinen no eido de limpeza, recollida e separación de lixo, duchas, fontes, lavapés e demais elementos e instalacións orientadas ao uso que se lle vaia a dar á praia." Agradecemos a túa participación nos Orzamentos Participativos e esperamos volver contar coas túas propostas na seguinte edición do programa o ano que vén.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos