Na Coruña Contas

Volver

AMPLIACIÓN REDE ESTACIÓNS MEDICIÓN CALIDADE DO AIRE

luis2castros luis2castros  •  14/05/2018  •  Toda a cidade  • 

Captura_de_pantalla.jpg
Captura_de_pantalla.jpg

Código proposta de investimento: 1584

Actualmente situadas en puntos de baixa incidencia, propónse ampliar a localizacións con importantes aglomeracións de tráfico ou persoas.

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por acadar menos de 80 apoios da cidadanía na fase de priorización, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase do 30 de agosto ao 17 de setembro, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a participar de novo na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • Andrés

    Totalmente de acordo. Moi boa proposta! É algo no que eu tamén teño pensado mais de unha vez. As estacións municipais están todas en puntos de relativamente baixa contaminación e a única estación situada nunha zona con tráfico (a da Xunta de Gregorio Hernández) é a que dá valores maís elevados (é son valores bastante por encima dos límites que marca a OMS). Puntos como o que propós ao lado de Alfonso Molina paréceme moi apropiado e tamén penso que un na Praza de Ourense sería moi interesante. Sobre este tema tamén sería un puntazo que os datos das estacións municipais fosen accesibles para terceiros (en http://airindex.eea.europa.eu/ non saen os datos por exemplo) porque actualmente só é posible acceder a eles na web municipal. É unha pena facer a parte mais cara e despois non facilitar o acceso os datos...

    Sen respostas
Non hai fitos definidos