A Porta Aberta

Volver
Orzamentos participativos 2018

Proxecto Xardín Botánico de Galicia

smlebo smlebo  •  14/05/2018  •  Toda a cidade  •    3 comentarios

Xardíns colgantes de Le Havre (Francia)
Xardíns colgantes de Le Havre (Francia)

Código proposta de gasto: 1578

Os Museos Científicos son un dos emblemas da Coruña, aínda que poidan precisar dunha modernización e actualización. Pero xunto aos existentes, boto en falta un dedicado á riqueza da flora do país.

Por iso propoño o estudo do proxecto de creación do Xardín Botánico de Galicia. Un espazo onde se recollan e se explique as especies vexetais galegas (tanto de costa coma de interior) e que sirva tamén para a investigación. Tomando inspiración nos célebres ‘Xardíns colgantes’ de Le Havre (https://es.wikipedia.org/wiki/Jardins_suspendus_(Le_Havre)), situados nun forte na cima dun monte dende onde se domina a panorámica da cidade, proporía a súa localización no Monte de San Pedro, aínda que poderían estudarse outros lugares, coma os peiraos liberados do porto.

Propoño o estudo do proxecto posto que o orzamento non sería suficiente para a construción e posta en marcha do mesmo.

Informe de custo

Comunicámosche que a túa proposta foi declarada viable segundo o seguinte informe do equipo técnico municipal: "A proposta de uso de vexetación local no desenvolvemento dun Xardín Botánico foi utilizado en moitas ocasións. Un exemplo é o xardín botánico de Xixón, pero non existe ningún na cornisa atlántica. A proposta é viable pois trátase dun proxecto, pero quizais a localización debe ser outra que a de San Pedro pois este parque ten ou seu propio carácter e singularidade. Habería que desenvolver un proxecto de xardín botánico, que incluiría análise de localizacións, selección de tipoloxía, cálculos de estruturas precisas, selección de material vexetal e redacción do proxecto de execución. En estos momento non é posible realizar unha valoración precisa, polo que dado a relevancia dun proxecta desta natureza estímase necesario incluír o orzamento máximo posible para unha proposta de cidade". Agradecemos a túa participación nos Orzamentos Participativos e esperamos volver contar coas túas propostas na seguinte edición do programa o ano que vén.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.