Na Coruña Contas

Volver

Avenida da Gramela

alvaroabella alvaroabella  •  14/05/2018  •  Distrito 9  • 

Código proposta de investimento: 1550

A Avenida da Gramela é unha rúa bastante ancha na que a maioría das veces existe unha dobre fila permanente. Propoño cambiar o sistema de aparcamento en paralelo por un en batería ou en diagonal, así non habería espazo para a dobre fila ó bloquear o paso. Sería conveniente tamén sinalizar o novo sistema con sinales verticales ou pintando as prazas no chan. Ademais si se alongan as esquinas das beirarrúas, impedirían que os coches aparcaran nelas, ocupando parte da saída das rúas que chegan ahí (Andrés Gaos e Corcubión) e dificultando a visión dos coches que se incorporan.

Tampouco existe un paso peonil dende o comezo da Avenida na Avenida das Conchiñas ata a saída de Andres Gaos, polo que os peón que van ou veñen por Corcubión ou Alcalde Lens teñen que cruzar entre os coches (co perigo que iso conleva). 

Informe de inviabilidade

Lamentamos comunicarlle que esta proposta é inviable posto que a reorganización do tráfico e do aparcamento, así como o pintado de prazas de aparcamento e de pasos de peóns non entran dentro da categoría de investimento. Si sería viable a instalación de sinales verticais e o alongamento das beirarrúas. Pode eliminar esta proposta e poner unha nova, antes das 24:00 h de hoxe, incluíndo só as partes da súa proposta que son viables por ser investimentos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos