Na Coruña Contas

Volver

Adecentar a Praza e Parque das Cunchiñas

alvaroabella alvaroabella  •  14/05/2018  •  Distrito 9  • 

Código proposta de investimento: 1546

O parque ten algúns xoguetes rotos e o espazo está moi desaproveitado, xa que a estructura central é moi pouco funcional, e se queda pequeno para os nenos, aínda que ocupa gran parte do parque. Sería moito mellor sustituir a estructura central por un tobogan algo mais grande, uns columpios ou uns balancíns no que podan xogar mais dun neno.

Por outra parte, a praza está moi castigada, xa que os coches poden acceder a ela ao non existir ningunha barreira arquitectónica. É bastante común ver acceder os coches a través da rúa Corcubión,ou pisando a xardineira das árbores de Fuente Álamo (a cal esparce a terra por toda a praza) ou polo lado do acceso ao parking, xa que os bloques de formigón están arrimados ao mercado. Nesa mesma beirarrúa, os contedores de papel, aceite e roupa ocupan gran parte da mesma, polo cal é moi complicado ir cunha cadeira de rodas ou un carriño dun bebé.    

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as 15 máis apoiadas do distrito na fase de apoios, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase do 30 de agosto ao 17 de setembro, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a participar de novo na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos