Na Coruña Contas

Volver

Cámara de vixiancia semáforo Ronda Nelle con Paseo Ronda

Jorge Jorge  •  14/05/2018  •  Distrito 9  • 

Código proposta de investimento: 1535

A rotonda de Ronda Nelle con Paseo Ronda non se respeta, así coma o semáforo de Cambalache. É unha zona de paso de nenos que baixan ó colexio e a xente pasa moi rápido co coche e se salta o semáforo.

Propoño a instalación de cámaras coma as do centro para control de semáforos, así coma outro sistema que poida regular a rotonda.

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as 15 máis apoiadas do distrito na fase de apoios, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase do 30 de agosto ao 17 de setembro, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a participar de novo na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos