Na Coruña Contas

Volver

Patio exterior EIM Los Rosales

xoanapv xoanapv  •  14/05/2018  •  Distrito 2  • 

Código proposta de investimento: 1520

Solicítase o cambio do pavimento do patio exterior da Eim Los Rosales. Na actualidade o solo é de herba natural, pero a drenaxe do mesmo non funciona axeitadamente e unido o mal tempo, con constantes choivas o chan está sempre mollado. Polo que o alumnado non pode facer uso de este espazo.Así que a única maneira de que os/as nenos/as, poidan sair ó exterior e disfrutar do patio, sería cambiar o solo do mesmo, retirando a herba e colocando pavimento de caucho.

Proposta en nome de: Proposta do Consello Escolar da EIM Los Rosales

Informe de custo

A túa proposta é viable de acordo co seguinte informe técnico municipal: "Valórase nesta actuación a mellora do patio exterior da EIM Los Rosales. Por unha banda, eliminarase o pavimento actual coa escavación de terras, colocación dunha canaleta de drenaxe, botarase unha solera de formigón e finalmente estenderase un pavimento continuo de seguridade espesor 30 mm. O espazo contará con elementos de xogo (tobogáns, casiñas, etc)." Grazas por participar neste programa. Esperamos as túas propostas o ano que ven.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos