Na Coruña Contas

Volver

Arranxar asfaltado da rúa Xeneral San Martín.

alendanas alendanas  •  14/05/2018  •  Distrito 7  • 

Código proposta de investimento: 1518

Arranxar o asfaltado da rúa Xeneral San Martín que está de pena tendo en conta que nesta rúa está a entrada/saída dos nenos/as no colexio CEIP Wenceslao Fernández Flórez e por tratarse dun vía sen saída para os vehículos está saturada de coches todo o día, tanto os que están aparcados coma os que entran para facelo, sobre todo polos numerosos bares que hai na contorna. Non se pode nin dar a volta para sair da mesma.

Localización: Paralela á estación de ferrocarril.

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as 15 máis apoiadas do distrito na fase de apoios, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase do 30 de agosto ao 17 de setembro, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a participar de novo na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos