Na Coruña Contas

Volver

Ampliar a beirarrúa que vai dende a calle Xeneral San Martín ata o hotel Avenida

alendanas alendanas  •  14/05/2018  •  Distrito 7  • 

Código proposta de investimento: 1504

A beirarrúa vaise estreitando dende o semáforo da avenida do ferrocarril ata chegar á rúa Xeneral San Martín. A partir de aquí a acera estreitase máis e só poden pasar dúas persoas provocando un pouco de colapso ás veces na circulación peonil xa que ademáis hai bancos de cemento e está a parada do bus da liña 22. Habendo terreo verde por detrás onde van facer as súas necesidades os cans e están os carteis publicitarios xusto por riba do túnel da rúa Salgado Torres, ¿non se podería sacar de este sitio espazo para a ampliación?

É unha beirarrúa transitada pola xente que vai dende a estación do tren ata o hotel e viceversa, que quere coller o autobús, que se dirixe a facer algún trámite ao edificio administrativo de Monelos, se te dirixes cara a Elviña, etc.

Grazas.

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as 15 máis apoiadas do distrito na fase de apoios, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase do 30 de agosto ao 17 de setembro, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a participar de novo na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos