Na Coruña Contas

Volver

Pavillóns polideportivos municipais

irinha irinha  •  14/05/2018  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 1491

Moita xente non solicita praza en ligas federativas, en tódalas modalidades deportivas, por falta de instalacións deportivas onde practicar.

A práctica do deporte forma parte dunha sociedade sá, e o Estado debe poñer os medios precisos para favorecer que así sexa. Non vou, agora, a enumerar todos os beneficios que o deporte causa no noso corpo, só direi que, baixo a miña opinión, que se a xente fixera máis deporte, en xeral, estou segura de que habería menos traballo para os psicólogos e médicos especialistas.

Esta sería unha proposta a ter en conta, xa que daría vida a moitas naves industriais en desuso, e melloraría a saúde dos cidadáns. Ademáis neses novos pavillóns, poderían desempeñarse actividades en familia os fines de semana de inverno, recuperando valores sociais tan ausentes nas novas xeracións.

Moitas grazas.

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por acadar menos de 80 apoios da cidadanía na fase de priorización, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase do 30 de agosto ao 17 de setembro, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a participar de novo na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos