Na Coruña Contas

Volver

Recuperación do lugar das Xubias de Abaixo

tomasramon tomasramon  •  13/05/2018  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 1481

Este núcleo urbano é unha pequena aldea mariñeira de gran valor patrimonial e paisaxístico en pleno camiño de Santiago que a cidade debería recuperar. 

Ano tras ano o seu estado de abandono por parte do concello, o estado ruinoso dalgúns solares, falta de desbroce e a suciedade puntual fai que nin os veciños nin o resto da cidade poidan disfrutar dun espazo tranquilo e agradable para o descanso. Para a recuperación deste lugar se podería adecentar os espacios públicos (ocultar os contedores de lixo, sustituir maleza por plantas ornamentais nos accesos, limpeza dos merendoiros, entorno do local de encontro veciñal), instalar paneis informativos sobre a historia das Xubias, sinalar o percorrido do Camiño Inglés (dende a Igrexa románica de Santa María de Oza á de Santiago no Burgo), abrir definitivamente o ácceso das escaleiras á Avenida da Pasaxe, etc.

 

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por acadar menos de 80 apoios da cidadanía na fase de priorización, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase do 30 de agosto ao 17 de setembro, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a participar de novo na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos