Na Coruña Contas

Volver

Xardíns verticais, parque biosaludable e mellora da mobilidade en bus

aurora aurora  •  13/05/2018  •  Distrito 9  • 

Código proposta de investimento: 1458

Propoño crear xardíns verticais con xardiñeiras na rua Agra do Orzán,pola necesidade de mais zonas verdes e a falta de espazo horizontal e a colocación de aparellos de ximnasia para maiores.Tamén propoño que se adique unha parte do orzamento a estudar como comunicar este barrio co resto da cidade aumentando as liñas de buses e os seus percorridos. Especialmente importante sería que se reforce o número de buses e a frecuencia coa que suben pola avenida de Finisterre con estudantes en horas punta (de 14:00 a 14:30), que pase algunha liña que comunique directamente coa Universidade (actualmente inexistente) e que pola Ronda de Nelle pasen mais liñas de bus e con mais frecuencia (só pasa unha actualmente cada media hora).

Informe de inviabilidade

Agradecemos a túa proposta pero temos que etiquetala como inviable pois, ademais de ser multiproposta, as liñas de autobús e a súa frecuencia non supoñen un gasto de investimento, senón gasto corrente.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos