Na Coruña Contas

Volver

Pavimento A Cubela

elena77 elena77  •  13/05/2018  •  Distrito 8  • 

Código proposta de investimento: 1456

Renovar ou reformar o pavimento da Praza da Cubela. O pavimento está moi gastado, incluso pola parte da Praza coa rúa Travesía Rianxo faise moi dificil andar, e imposible pasar con rodas de carros infantis, incluso cadeiras de rodas. Reformar o pavimento da Travesía Rianxo, na metade trasversal da rua, en todo ó longo hay unha abertura na que se pode tropezar e caer moi facilmente. 

Retirada e sustitución das árbores Bidueiros da Praza da Cubela, son moi molestas para alérxicos, coma min. Calqueira outra árbore que non produza problemas alerxicos e moito millor.

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as 15 máis apoiadas do distrito na fase de apoios, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase do 30 de agosto ao 17 de setembro, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a participar de novo na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • antonio72

    O pavimento de esta acera colindante co parque esta verdadeiramente en mal estado, lamentablemente xa vin caer a mais dunha persoa co agravante de que se trataban de persoas maiores. O estado do chan faise mais perxudicial os dias de choiva xa que se forman multitude de charcos que fan intransitable o paso por este espacio, de pouco valdría o gran acerto de instalar pasamáns para acceder a praza se despois o chan se encontra en un estado tan lamentable. Conta co meu voto !!!!

    Sen respostas
Non hai fitos definidos