Na Coruña Contas

Volver

Eliminación dos dous contedores soterrados da Praza da Fariña - ou Azcárraga-.

anxo anxo  •  13/05/2018  •  Distrito 10  • 

Código proposta de investimento: 1450

Son dous contedores grandes para lixo - un para papel e outro para cristal -. Hai uns anos alguén no Concello tomou a decisión de ubicalos no mesmo xardín da Praza da Fariña, no casco histórico da nosa cidade. Non parece o mellor lugar, ademais son de gran tamaño e sobresaen moito do terreo.

Ademais, é probable que haxa unha relación directa entre o desplome non hai moito tempo dun dos fermosos falsos plátanos da praza co dano que no seu día fixeron ás excavacións dos grandes furados nos que están estes contedores ás raíces das árbores.

Habería que buscar outro lugar para a súa ubicación na Cidade Vella e facélos desaparecer dos xardíns.

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as 15 máis apoiadas do distrito na fase de apoios, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase do 30 de agosto ao 17 de setembro, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a participar de novo na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos