Na Coruña Contas

Volver

Árbores rompeventos entre a Casa do Mar e Tabacaleira

birnarem birnarem  •  13/05/2018  •  Distrito 8  • 

arbores2.jpg
arbores2.jpg

Código proposta de investimento: 1448

A nova zona de recreo nacida entre a Casa do Mar e Tabacaleira ata a Avenida de Oza, é ampla e agradable. Espazo óptimo para o descanso e desfrute das nenas e as cidadáns en xeral. Pero ten un handicap importante, o vento que ven cáse a diario da zona do Porto fai que sensación térmica baixe enormemente, co cal non é unha zona moi utilizada e resulta moi desaproveitada.

A proposta sería poñer unha (ou dúas) liña/s de árbores rompeventos entre a Casa do Mar e Tabacaleira. A primeira liña (árbores de máis altura) podería poñerse á altura do final da Casa do Mar, e a segunda á altura da rúa Avogacía.

Deberán ser árboles con gran capacidade de crecemento, que cheguen a unha altura considerable, e con certa densidade para non facilitar o paso do vento entre as súas ramas. Preferiblemente árbores de folla perenne, para non perder capacidade de cortar o vento durante o inverno.

Informe de inviabilidade

Comunicámosche que a túa proposta foi declarada inviable de acordo co informe do equipo técnico municipal: "Pola presenza de infraestruturas na zona non é posible levar a cabo unha plantación viable normal de arboradura. A plantación proposta implicaría necesariamente a construción de grandes contedores. Os traballos incluirían a demolición de pavimentos previa a impermeabilización de fondos, a construción de contedores, drenaxe, recheo de terras, plantado de árbores, axardinado ou tratamento de superficies e instalación de rego. Cómpre salientar que previamente ao desenvolvemento da actuación sería preciso asegurarse cal é a capacidade portante do forxado existente, que fai xurdir incertidumes importantes para a viabilidade da actuación. Non obstante, este modelo de plantación en contedores so permitiría o desenvolvemento de árbores de pequeno porte (non de gran porte como os solicitados polo propoñente) cun efecto despreciable sobre o vento que afecta ao espazo, motivo polo cal considerase inviable a proposta". Agradecemos a túa participación nos Orzamentos Participativos e esperamos volver contar coas túas propostas na seguinte edición do programa o ano que vén.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos