Na Coruña Contas

Volver

SEDE ESCOLA EMPODERAMENTO FEMINISTA

lrf lrf  •  13/05/2018  •  Toda a cidade  • 

1442854201784_860_1000_U_56e3996c4fa8e3c85aacda5a3686d9.jpg
1442854201784_860_1000_U_56e3996c4fa8e3c85aacda5a3686d9.jpg

Código proposta de investimento: 1444

Creación dunha sede permantente para a Escola de Empoderamento Feminista inaugurada este mesmo ano.

Trataríase dun lugar de referencia onde levar a cabo os obradoios, organizar novas activiades favorecendo a utilización de xeito autónomo polos colectivos feministas, etc.

Propónse a reforma da antiga Escola Infantil situada na rúa Orzán ou a habilitación dun espazo no edificio onde se sitúa o Centro Cívico da Cidade Vella.

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por acadar menos de 80 apoios da cidadanía na fase de priorización, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase do 30 de agosto ao 17 de setembro, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a participar de novo na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos