Na Coruña Contas

Volver

Reforma beirarrúas acceso CEIP San Pedro de Visma

sergiopernasvelo sergiopernasvelo  •  13/05/2018  •  Distrito 2  • 

Código proposta de investimento: 1424

As diversas beirarrúas que permiten o acceso ó CEIP San Pedro de Visma son, no mellor dos casos, estreitas e están en moi mal estado (como na rúa Lagares) ou, noutros casos, simplemente non existen, como no caso do camiño dende a rúa Lagares ata Eira Vella. Neste caso non só é necesario arreglalo firme senón tamén mellorala iluminación.

Propoño melloralas beirarrúas de acceso para que os nenos cheguen o colexio de forma máis segura e cómoda.

Informe de custo

A túa proposta foi declarada viable segundo o seguinte informe técnico: "Valóranse as obras para a mellora dos itinerarios peonís e de vehículos na contorna do CEIP San Pedro de Visma, mellorando pavimentos, drenaxe, alumeado e dispoñendo canalizacións municipais." Agradecemos a túa participación neste programa e agardamos que volvas participar de novo na vindeira edición dos Orzamentos Participativos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos