Na Coruña Contas

Volver

Árboles na Rúa da Torre

josegp josegp  •  13/05/2018  •  Distrito 10  • 

Código proposta de investimento: 1415

Aproveitando a ampliación de beirarúas na Rúa da Torre propoño a plantación de árbores.

O tamaño das beirarúas, xunto a elección correcta das especies (non teñen porqué ser de gran porte) permiten a súa plantación sen molestar aos edificios.

É unha pena non continuar co corredor verde que se iniciou coa reforma anterior do outro tramo da rúa, unindo así o Campo da Leña co Campo de Marte, Orillmar, Curros Enríquez, Ramón del Cueto, Adelaida Muro....como rúas con árbores nun barrio que non está sobrado delas.

Informe de inviabilidade

Comunicámosche que a túa proposta foi declarada INVIABLE segundo o seguinte informe do equipo técnico municipal: "A plantación de árbores foi obxecto de valoración no proxecto de remodelación da rúa da Torre. Lamentablemente, non se dan as condicións técnicas, polo espazo disponible nin polas características do terreo, para garantizar a viabilidade da plantación proposta. Así mesmo, a grande cantidade de servizos instalados baixo rasante na rúa engade un factor de dificultade que, xunto co xa indicado, fai inviable a proposta realizada" Agradecemos a túa participación nos Orzamentos Participativos e esperamos volver contar coas túas propostas na seguinte edición do programa o ano que vén.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos