Na Coruña Contas

Volver

Barrera de árboles entre Salgado Torres e Elviña

jlopnun jlopnun  •  12/05/2018  •  Distrito 7  • 

Captura.jpg
Captura.jpg

Código proposta de investimento: 1400

Barreira natural, acústica e visual, para separar Salgado Torres e o barrio de Elviña

Informe de custo

Comunicámosche que a túa proposta foi declarada viable segundo o seguinte informe do equipo técnico municipal: "A avenida de Salgado Torres ten un amplo percorrido e habería que analizalo de forma pormenorizada. Na actualidade xa existen zonas onde existe unha barreira vegetal, por exemplo preto do túnel, á beira do edificio que ten a pechadura de aceiro corten. Sería necesario precisar máis a zona de estudo pois se trata dun percorrido con diferentes condicionantes (noiros, edificios, instalacións urbanas, etc.) Este tipo de propostas require un estudo preliminar de ubicación espacial e un proxecto de ejecución. Logo de percorrer a zona e en términos xerais, identificáronse as seguintes zonas: a) Tramo desde o túnel ata a parada do autobús. Non é posible polo espazo existente. b) Tramo entre o túnel e a Rúa Xeral Rubin. Trátase dunha zona onde xa existe unha barreira vegetal que se podería complementar con estrato arbustivo para potenciar a barreira acústica. Recientemente realizouse unha actuación con Betula sp. Na zona da parada do autobús poderíanse plantar máis exemplares. c) Tramo desde Rúa Xeral Rubin ata o colexio. Nesta zona xa existe unha barreira vegetal parcial. Poderíase complementar para xerar un espazo máis recollido na zona de xogos infantís. d) Tramo do colexio. Trátase dunha zona que probablemente non sexa de propiedade municipal e ademais hai un noiro importante. e) Tramo entre colexio e pasarela peatonal. Na actualidade hai un pequeno bosquete que se podería complementar para facer unha barreira máis funcional. f) Tramo entre pasarela e zona final do barrio de Elviña (av de San Cristóbal). Nesta zona hai espazo para plantaciones en zonas determinadas. Nalgúns puntos xa aparecen exemplares arbóreos. Considérase viable en zonas determinadas pero require un estudo pormenorizado para definir os sitios de plantación (separadamente da titularidad dos terreos). Da mesma forma, é precisa a definición da especie acorde cos condicionantes específicos dese contexto. Débese facer un estudo de alternativas de plantaciones do estrato arbustivo. A proposta considérase Viable condicionada a un estudo técnico específico. Orzamento. Estímase un orzamento de 700 euros por árbore. Prevese a plantación de 35 árbores." Agradecemos a túa participación nos Orzamentos Participativos e esperamos volver contar coas túas propostas na seguinte edición do programa o ano que vén


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos