Na Coruña Contas

Volver

Estudo e proba piloto dun sistema de colectores de lixo intelixente

david.paz david.paz  •  12/05/2018  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 1392

No marco das melloras anunciadas no proceso de recollida de lixo dos colectores, para reducir molestias e aumentar a eficacia da selección dos refugallos, a cidade non debe perder a oportunidade de crear unha rede verdadeiramente intelixente de recollida.

Os barrios onde se concentra maior poboación teñen un problema obvio canto ao balance refugallos/capacidade dos colectores. Isto tradúcese en colectores sobresaturados e en mal estado. Ademais, as prácticas das persoas que buscan refugallos útiles nos colectores, implica que queden abertos, refugallos tirados polo chan etc.

Así, cómpre estudar a viabilidade de implantar unha rede intelixente de colectores, abríndoos só con tarxeta cidadá (a infrautilizada Millenium). Faríase unha proba piloto nos Mallos, por exemplo, con colectores destas características (a empresa galega Formato Verde comercialízaos).

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por acadar menos de 80 apoios da cidadanía na fase de priorización, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase do 30 de agosto ao 17 de setembro, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a participar de novo na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos