Na Coruña Contas

Volver

Mellora parada bus avda Oza Tabacos

martinag martinag  •  12/05/2018  •  Distrito 8  • 

Código proposta de investimento: 1378

Son moitas as liñas de bus Urbano que teñen parada na Avda de Oza a altura da fábrica de Tabacos. O feito de que a parada estea ao nivel do carril de circulación provoca retencións de tráfico que chegan a afectar ao cruce da Avda de Oza con Ramón y Cajal. Propoño construir unha nova parada de forma que non prexudique ao tráfico, estando lixeiramente cara dentro da beirarrúa

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as 15 máis apoiadas do distrito na fase de apoios, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase do 30 de agosto ao 17 de setembro, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a participar de novo na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos