Na Coruña Contas

Volver

Mellora da seguridade nas varandas existentes e instalación doutras novas

juancarcia juancarcia  •  12/05/2018  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 1376

En toda a cidade existen multitude de varandas e moitas delas non cumpren coas condicións mínimas de seguridade, especialmente para os máis pequenos. Un exemplo é a varanda existente no viaducto da Avenida de Oza sobre a rúa Posse, cunha separación excesiva entre os barrotes verticais (suficiente para o paso entre eles dun neno/a).

Ademais, existen varios puntos da cidade onde habería que instalar varandas que cumpran coa normativa polo risco de caídas cunha altura excesiva. Algúns exemplos son: a parte alta do auditorio do Parque de Santa Margarida ou a beirarrúa da Rolda de Nelle anexa a Praza José Toubes Pego, onde existe un muro de pouca altura e con numeros ocos que permiten a caída dun neno/a dende unha altura superior aos 5 m.

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por acadar menos de 80 apoios da cidadanía na fase de priorización, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase do 30 de agosto ao 17 de setembro, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a participar de novo na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos