Na Coruña Contas

Volver

Mellora do mobiliario do parque infantil no Parque de Oza

juancarcia juancarcia  •  12/05/2018  •  Distrito 6  • 

Código proposta de investimento: 1374

Instalar novos xogos infantís na zona inferior do Parque de Oza, na zona anexa a rúa´Marina Nieto Álvarez, posto que varios dos que estaban deteriorados non se substituiron por outros novos. Ademais, varios xogos pensados para os/as nenos/as de maior idade están infrautilizados e ocupando moita superficie. En lugar deste últimos, poderíase instalar algunha pirámide de escalada ou unha tiroliña, con moito máis éxito e reclamo para os usuarios, e semellantes os que se colocaron no ano 2017 na Praza de Isaac Díaz Pardo.

 

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as 15 máis apoiadas do distrito na fase de apoios, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase do 30 de agosto ao 17 de setembro, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a participar de novo na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos